GuiaRibeiraSacra

O mozo da última fila



Monforte acolle este xoves a obra “O mozo da última fila” da compañía Redrum Teatro.
O Concello de Monforte segue a desenvolver o ciclo de teatro neste primeiro semestre do ano, cunha nova actuación que terá lugar este xoves día 27 de maio no Edificio Multiusos a partir das 20.00 horas, e dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta será a última das obras de teatro correspondentes a este ciclo.
O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.
A venda de entradas realizarase dende as 19:00 h e a entrada ó salón de actos realizarase ás 19:40 horas.
Todas as obras que se celebren neste ciclo de teatro contarán cun protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19. Neste senso, o aforo estará limitado a un máximo de 110 persoas.

Webcam


Radio Monforte


Publicidad