GuiaRibeiraSacra.com

Folión de carros de Chantada 2021

21 de Agosto de 2021



Este venres ás 21:00 h. foi presentado o cartel do Folión de carros de Chantada 2021!
A autora gañadora do concurso de carteis do #FolióndeCarrosdeChantada 2021 foi a veciña carroceira Belen Vazquez Caseiro O cartel foi pintado con pincel e pintura acrílica e representa a tradición do #FolióndeCarros cos bois, os oficios realizados nas casas e o carro tradicional. Tamén dispón dunha folla de vide porque en #Chantada a colleita da uva e o viño tamén son moi importantes e a autora quixo deixar consancia delo no cartel.
O concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez valorou o traballo da asociación cultural “Amigos do Folión” durante todo o ano e lembrou que aínda que este ano non haberá desfile debido á pandemia, si que se realizarán moitas actividades arredor do Folión de Carros de Chantada que en vindeiros días nos irá contando este colectivo.

Webcam



Publicidad