GuiaRibeiraSacra.com

Documental Xela Arias, Poeta nas marxes

O vindeiro venres día 18 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro as 20:00



O Concello de Monforte proxectará o documental “Xela Arias, Poeta nas marxes” de Beatriz Pereira, o vindeiro venres día 18 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partir das 8 da tarde (20 h).
A proxección é con entrada gratuíta e vai dirixida a todos os públicos desde os 12 anos de idade. Esta organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Monforte
A capacidade do salón é limitada, polo que os interesados en acudir a ver este documental deberán facer reserva previa da súa entrada no correo electrónico cultura@concellodemonforte.com e no 982402501

Webcam



Publicidad