GuiaRibeiraSacra

Curso de iniciación á cata de viño

Xuño 11/ 8:00 p.m. – 9:30 p.m.



Aprende os fundamentos da cata de viño con Gelín Fernández, Antonio Lombardía e Fabio González. O curso ten unha duración de 6 horas repartidas ó longo de catro venres de xuño e xullo.

Aprenderás a catar o viño nas súas tres fases: visual, olfactiva e gustativa. Ademais coñecerás as nocións básicas sobre as variedades de uva, así como a elaboración dos viños, tanto brancos, rosados e tintos, así como outros máis especiais tipo espumosos, doces e xenerosos.

O curso é de interese para público xeral e tamén para persoal de hostalería interesado en ampliar os coñecementos sobre o viño.

Data: Venres 11, 18 e 25 de xuño e 2 de xullo. Horario de 20:00 a 21:30.

Prezo: 40€ socios/as do Ateneo Casino e 60€ non socios/as

Inscricións no teléfono 648 435 033.


Webcam


Radio Monforte


Publicidad