GuiaRibeiraSacra.com

Concello de Monforte

BULOS

Ante a cantidade de comentarios que se están producindo estes días nas diferentes redes sociais en relación co brote de Covid-19 en Monforte, comentarios nos que se di que as persoas afectadas por dito brote non están a recibir axuda por parte do Concello de Monforte, dende o Concello desmentimos este tipo de informacións falsas.
Dende o primeiro momento o Concello de Monforte e os seus Servizos Sociais puxéronse en contacto coas persoas e familias dos edificios afectados a fin de subministrarlles os alimentos que necesitaban así como proporcionarlles axuda en todo aquelo que fora necesario. Neste senso, as traballadoras sociais contactaron con diferentes supermercados de Monforte para que atenderan estas peticións de subministro de alimentos ás persoas residentes nos edificios afectados por este brote da pandemia.
Polo tanto, non son certas as afirmacións de que as persoas afectadas están desatendidas. O Concello de Monforte e os seus Servizos Sociais están en todo momento pendentes da situación destas persoas e están atendendo as súas peticións, sendo a comunicación con elas canalizada telefonicamente a través das traballadoras sociais do Concello.
Dende o Concello de Monforte pregamos que todas aquelas persoas que necesiten deste tipo de axudas, se poñan en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Monforte a través do 982416541.


Radio Monforte

Instagram has returned empty data. Please authorize your Instagram account in the plugin settings .